
O deleite musical é moi importante neste universe de aventuras, pero, como é lóxico, resulta moi variado cando na mesma sociedade coexisten humanos, droides, cánidos, delfinoides, baleas espaciais, mutants, houyhnhnms, xigantes, mouros, vexetoides, xacios, trasnos e bacterias con dereito a voto. A oferta musical ten que ser, por forza, moito de todo —máis aínda cando existe a posibilidade de que grandes personalidades volvan á vida en corpos holográficos, de maneira que Mozart aínda segue compoñendo e comparte listas de éxitos con Bad Bunny—.
A protagonista desta historia, a inspectora N4rv43z, é unha gran fan do metal folk, é dicir, deses grupos ou solistas que mesturan o metal con ritmos e instrumentos tradicionais galegos, como poden ser Dark Trasnos ou Sons of Breogán. De feito, adoita vestir con camisetas desas bandas cando actúa no seu modo intervención —en cambio, cando se move en suplantación, simula perfectamente o bodylooking, skin e costumes de calquera droide, tanto que ninguén a pode recoñecer—.
En Odio oímola cantaruxar unha canción moi famosa nas Terras de Poñente:
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pol–a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ãgoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
Trátase de Chove en Santiago, poema de Federico García Lorca publicado en 1935 no seu libro Seis poemas galegos. Recentemente gañou unha nova fama debido a dúas versións musicais, unha tradicional a cargo do grupo Luar na Lubre e outra metal folk que produciu a banda Dark Trasnos. É esta última a que non se pode sacar da cabeza a nosa inspectora.

Máis adiante na novela, cando a investigación a leva ata o club Nautilus, hai unha canción moi diferente que soa na gravación:
O tren que me leva pola beira do Miño
me leva e me leva polo meu camiño,
o tren vai andando pasiño a pasiño
e vaime levando cara o meu destiño,
alguén pode ser que me espere na estación
a terra da felicidad.
Todo que sexa amor e paz
cando o farei, eu o verei
coa miña moza no meu lar.
O tren que me leva camiña e camiña
vai botando fume e corre pola vía,
o frío vai feito un mar de ledicias
no tren pouco a pouco, volto a miña Galicia
pasei moito tempo sen estar lonxe de ti,
no te creas descoidar.
Falando coa xente pola maian
escoitarei, e saberei,
o que pasou polo meu lar.
O tren que me leva pola beira do Miño
me leva e me leva polo meu camiño,
o tren vai andando pasiño a pasiño
e vaime levando cara o meu destiño,
alguén pode ser que me espere na estación,
a terra da felicidad.
Todo que sexa amor e paz
cando o farei, eu o verei
coa miña moza no meu lar.
Aquí estamos ante unha das grandes xoias da música en galego: O tren, auténtico hit de Andrés do Varro, que logrou converterse en 1979 no primeiro número uno en España cantado nunha lingua distinta do castelán. Esta canción foi versionada anos despois por Siniestro Total.
E ben? Que che parece esta música para unhas cities futuristas e caóticas? Incluirías algunha máis?
Que crees que poden estar a escoitar os poñenters? Bachata techno, ciberpop, neo reggaetón ou metal positrónico?

(As imaxes desta páxina foron obtidas de Pixabay)