Un paseo por Auria

A batalla final de Odio, a novela ciberpunk galega, é un longo percorrido por unha das cidades máis importantes desas Terras de Poñente polas que se move a inspectora N4rv43z, unha urbe de impresionante historia e un presente esperanzador ás beiras do Miño. A nosa protagonista corre e loita polas rúas nun terrible enfrontamento contra o reloxo e contra unha das organizacións máis secretas e manipuladoras do seu tempo. Agora ben, cales son esas rúas e como é o percorrido que fai nos últimos capítulos do libro?

Déixoche aquí algunhas imaxes, a ver se recoñeces os lugares polos que pasa, e que son os mesmos polos que pasei eu nesta sesión de fotos.

Que che parece? A que dan ganas de pasear por Auria?