Portada e sinopse da miña nova novela

Está a piques de chegar ás librerías a miña nova novela, Odio, que foi galardoada co I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil. É unha novela negra cunha ambientación cyberpunk e puramente galega.

Hoxe é o día de descubrir a sinopse e a portada desta obra:

Todo apunta ao comezo dunha nova war entre humanos e droides nas Terras de Poñente.

Neo Vigo, a city dos neones e os rañaceos antigravitatorios, aínda lembra a bomba atómica que estourou sobre o estadio de Balaídos hai dez anos e terminou coa revolta da Nai Computadora. Pero agora hai un influencer que se dedica a reavivar o odio entre os vellos bandos, á vez que apareceron mortos seis replicantes no Museo do Pobo Galego de Compostela. Seis policías que participaron nunha carreira ilegal para divertimento dos humanos, e da que pronto vai haber unha nova edición xunto á Catedral de Auria, da que toda a galaxy vai estar pendente.

Este é un caso para a inspectora N4rv43z, da División de Seguridade da Fundación Omnia.

Adiántoche tamén aquí a portada, unha marabilla obra de Esther S. Rivas.

Non tes moitas moitas ganas de descubrir esta historia de droides, asasinos e unha investigadora demasiado implicada no caso para o seu propio ben?

E lembra: nunca os chames robots!

Máis odio e novelas cyberpunk neste enlace.