10 autoras de xénero para ler no 8 M

No mundo heteropatriarcal da literatura, onde as mulleres tiveron enormes problemas históricos para poder publicar as súas obras e demostrar a súa valía ―tamén nos xéneros de ciencia ficción, fantasía e terror―, hai pioneiras que lograron atravesar os límites que as cercaban e volverse inmortais.

Aquí van 10 nomes para lembrar neste Día da Muller:

Mary Shelley (1797–1891): A gran pioneira, autora de Frankenstein ou o moderno Prometeo, a primeira novela de ciencia ficción moderna. Xa en 1818 alertaba sobre os perigos dunha ciencia que non respectase a ética, cuxo único resultado sería a creación de monstros.

Emilia Pardo Bazán (1851–1921): A gran dama das letras españolas. Cultivou de forma intensa a novela, o ensaio, o xornalismo, a crítica literaria, a poesía, o teatro, a edición e a tradución. Foi catedrática e conferenciante, e pelexou duramente polos dereitos das mulleres. Entre os moitos xéneros literarios que abordou, tamén escribiu ciencia ficción, terror e fantasía, como se pode ver en libros como A resucitada. Antoloxía de contos escuros.

Leigh Brackett (1915–1978): A raíña dos pulps, coas súas apaixonantes sagas de Marte e Venus. Ademais, escribiu algúns dos mellores guións cinematográficos da época, como O soño eterno, Río bravo ou O Imperio contraataca.

Ursula K. Le Guin (1929–2018): Cualificada como «a escritora estadounidense máis influente da súa xeración», dedicouse de forma regular tanto á ciencia ficción como á fantasía e en ambos xéneros realizou obras universais, como a saga de Terramar e a de Hainish. Contribuíu enormemente a debater sobre antropoloxía, política e feminismo nos seus escritos e foi a primeira muller en obter o Premio Hugo e o Premio Nébula pola mesma obra, A man esquerda da escuridade.

Margaret Atwood.(1939): Unha das escritoras máis comprometidas coa súa época, autora de contos infantís, poesía, crítica literaria, novelas e ensaios, onde envorca a súa preocupación polos dereitos humanos, en especial polos dereitos das mulleres, e tamén pola historia de Canadá e das súas figuras literarias. É mundialmente coñecida pola súa novela O conto da criada (1985), unha das distopías máis arrepiantes de todo o século XX, na que trata o tema da cousificación do corpo das mulleres nunha sociedade futurista teocrática.

Anne Rice (1941–2021): Desmitificadora e reinterpretadora de mitos clásicos como os vampiros e as bruxas, que mostra como seres caóticos, luxuriosos e complicados, moito máis tridimensionais e comprensibles que os simples monstros que aparecían na literatura tradicional. As súas grandes sagas, como Crónicas vampíricas e As bruxas de Mayfair, fixérono posible.

Cristina Fernández Cubas (1945): Unha das grandes mestras do relato curto en castelán, principalmente no terreo da fantasía, o terror, a angustia e o oculto. Herdeira dos contos tradicionais e da ambientación gótica, que leva ao presente para provocar unha sensación de estrañeza e desasosego.

Elia Barceló (1957): A escritora española máis importante de ciencia ficción e fantasía, galardoada cos maiores premios nacionais, aínda que tamén cultiva a literatura realista e a xuvenil. O mundo de Yarek, O secreto do ourive e Cordeluna son algunhas das súas obras máis destacadas. Mestra de escritores, sempre próxima e disposta a colaborar en proxectos que popularicen a fantasía e a ciencia ficción.

Lola Robles (1963): Defínese a si mesma como feminista, pacifista e queer, pero tamén é unha das principais autoras de ciencia ficción en lingua castelá, sempre desde unha actitude comprometida e un claro activismo social. Máis aló de Concordia ou O informe Monteverde demostran as enormes posibilidades do xénero para falar de sociedades explotadas e dereitos humanos.

J. K. Rowling (1965): Unha das autoras máis influentes de todo o século, non só dentro da literatura, senón a nivel social. A súa saga de Harry Potter logrou romper todas as marcas e chegar a todos os recunchos do planeta, tanto en formato libro como en películas, series, merchandising etc.

Mujeres fortes todas elas, valentes e comprometidas, que fixeron historia na literatura de xénero e na vida global.

Más ciencia ficción, fantasía e terror nesta ligazón, e máis creadoras universais tamén.