Hoxe, 8 de febreiro, cumpriría anos Jules Verne, un dos escritores máis influentes da historia e o segundo traducido a máis linguas, unicamente superado por Agatha Christie. Por iso a Sociedad Hispánica Jules Verne convoca desde hai uns anos os Días de Ler a Verne, que se corresponden coa celebración do aniversario do autor, un día antes e outro despois. E ti que obra elixes nestes Días de Ler a Verne?