Historias asombrosas da vida real: As casas de pedra de Matera e a Cripta do Peccato Originale

Matera é unha pequena cidade do sur de Italia que actualmente alberga a uns sesenta mil habitantes. A súa sorprendente particularidade é o feito de estar habitada, case de forma ininterrompida, desde o Paleolítico. Os Sassi di Matera, o elemento máis distintivo da súa fisionomía e que lle valeu para ser nomeada Patrimonio da Humanidade, consisten nunhas ancestrais vivendas escavadas na roca calcaria, que constitúen os primeiros asentamentos coñecidos en Italia. Fáloche delas neste artigo.